PGDITO Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, establece o marco de actuacións da política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia . O seu principal obxectivo é impulsa-lo despegue económico e social de Galicia mediante o incremento da capacidade científico-tecnolóxica, a participación das empresas no proceso de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ó conxunto da sociedade galega.