|
|
Programa EUREKA
O programa EUREKA, iniciado en 1985, é unha iniciativa de apoio á I+D cooperativa no ámbito Europeo, cuxo obxectivo é impulsar a realización de proxectos internacionais orientados ao desenvolvemento dun produto, proceso ou servizo de claro interese comercial.
Cada país asume o financiamento das súas empresas e entidades de investigación. EUREKA avala os proxectos aprobados mediante un "selo de calidade" que, ademais de ser un elemento promocional e de recoñecemento do nivel tecnolóxico da compañía promotora, faia acredora dun financiamento pública.
Obxectivos
-
Aumentar a competitividade da industria europea.
-
Fomentar a cooperación entre empresas, universidades e centros de investigación.
-
Promover a colaboración tecnolóxica entre os países membros.
-
Desenvolvemento de produtos, sistemas ou servizos innovadores, orientados ao mercado e baseados en tecnoloxías avanzadas.
Beneficiarios
Calquera empresa ou centro de investigación español capaz de realizar un proxecto de I+D de carácter aplicado en colaboración con, polo menos, unha empresa e/ou centro de investigación doutro país de EUREKA.
http://idcrue.dit.upm.es/eureka/
|
|
 |