Email Password Rexístrese
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Esta é a web da empresa coordinadora deste proxecto
¿Que é REDEPESCA? BT1 Redepesca quere ser unha páxina activa na que participen todolos axentes interesados no sector da pesca:
  • Os profesionais do sector extrativo, transformador e comercializador, principais coñecedores dos recursos.
  • Os investigador@s que realizan os estudos dirixidos a conservazón dos mesmos e a demanda das pemes para producir novos productos que xeneren competitividade e valor engadido.
  • A administración para argallar os plans de actuaccións acordes cos plantexamentos realistas dos dous axentes anteriores.
  • As organizacións medioambientalistas.
  • Estudiant@s interesados en aumentar o seu coñecemento do medio mariño
  • Entidades financieiras con liñas que posibiliten levar a cabo a innovación no sector.
  • Organismos oficiáis coordinadores de grandes consorcios, para integra-la masa crítica necesaria cara a elaboración dunha Axenda Estratéxica para o sector cuyos obxectivos fundamentáis sexan o Crecemento Competitivo e Sustentable das Pemes do mesmo e maila Creación de Emprego
Coidamos que o mellor xeito de dar comenzo a este traballo é organizar dentro dos diferentes segmentos do sector (artesanal, altura, marisqueiro, redeiro, etc) os distintos tipos de asociacións xa constituídas e crear outras novas.

Quérese decir que na nosa opinión a mellor forma de competir no mercado comunitario e internacional é a creación de consorcios formados por clústeres de asociacións de distintos axentes (clústers de PEMEs, de Universidades, Centros de investigación, entidades financieiras, organismos oficiais, etc) para concurrir xuntos a propostas Comunitarias e internacionais e facer de este xeito plantexamentos integrados no âmbito do sector galego da pesca.

RedePesca + Pemes + IDi = Innovación BT1 O presente proxecto (REDEPESCA) pretende contribuír a sensibilizar ao mundo empresarial relacionado co medio mariño achega da súa implicación no Sistema Galego de Investigación e Innovación, identificación de problemas e ideas para a dinamización da transferencia científica e tecnolóxica, favorecer a movilidade e a contratación de investigadores por parte das empresas e a subcontratación de actividades de investigación.

Este proxecto baséase na aplicación das infraestructuras de apoio, como medio para dinamizar a cooperación entre Axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación, así como promover e incentivar a implantación de dinámicas innovadoras na empresa.

MG Otero Consultores SL dispón de ampla experiencia nas relacións co mundo empresarial, académico e administrativo (galego, estatal e europeo), na elaboración de propostas de investigación e na coordinación de actividades I+D+i no ámbito do medio mariño (pesca, acuicultura e medioambiente), incluindo a difusión de resultados.

Páxina de MG Otero Consultores SL
  • Presentación
  • Idi
  • Pemes
  • Blog de Novas
  • Enlaces
  • Foro
  • Aula Virtual
  • Contacto
© MG Otero Consultores SL